CONCELLO DE VILARDEVÓS
Cita Previa Catastro
Co obxectivo de mellorar a atención á cidadanía, o servizo de Catastro do Concello de Vilardevós atende exclusivamente con cita previa.
As persoas interesadas en realizar consultas ou trámites catastrais (datos de inmobles, titularidades, referencias catastrais, modificacións, etc.) deberán solicitar cita con antelación.
Solicitude de cita previa:
Oficina Servicat (Ourense): 988 222 533
- Presencialmente no Concello
Para máis información, pode contactar co Concello de Vilardevós polos canais habituais de atención.
