CONCELLO DE VILARDEVÓS

SAÚDA: Tamara Balboa García

Benvid@s ó Concello de Vilardevós.

E para min una honra saudar a veciñ@s e visitantes, e darvos a benvida a este Concello.

Convídovos a visitar e coñecer cada recuncho, a nosa riqueza natural e paisaxística, a achegarvos a Serra de Penas Ceibes e contemplar as incribles vistas de gran parte deste Concello e perdervos no horizonte, a subir ó marco de Cota e mirar cara un e outro lado da fronteira, a percorrer as rutas do Contrabando e a visitar a fervenza da Cidadella e percorrer a ruta que descende a carón do rio Pontón.

Vilardevós ten 29 aldeas, cada unha delas agocha unha riqueza particular, patrimonio inmaterial e material, as fontes, os fornos, as adegas, a arquitectura tradicional, os cruceiros,… Temos petróglifos, temos lagares e pinturas rupestres e moitos segredos por descubrir e sobre todo temos xente amable e acolledora.

Os castiñeiros, tan importantes para nós, aportan riqueza as nosas xentes, axudan a modelar a paisaxe en moitas aldeas durante todo o ano, pero con panorámicas especialmente bonitas nos meses de outono, fauna e flora, camiños que percorrer entre carballeiras convidan a pesar tranquil@. 

Vilardevós é para desfrutar e tamén para degustar, a nosa carne de vacún, ovino e cabrún, o noso mel, as nosas castañas, os nosos embutidos tradicionais, o noso foie- gras, os nosos  viños, aportan a esta terra un valor excepcional, gracias as mans de moita xente traballadora e comprometida.

Mediante esta páxina web pretendemos acercarnos @s que están lonxe e por a vosa disposición unha ferramenta áxil para informarse e realizar xestións mediante a administración electrónica. Dende a sede do Concello estaremos encantad@s de recibirvos, sendo unha administración cercana para @s   veciñ@s e visitantes. 

Entre tod@s facemos un Vilardevós que mira cara o futuro sen perder a súa esencia rural.

Un afectuoso saúdo

Tamara Balboa