
Oferta de Emprego Público
02/09/2026
Aprobar o expediente de licitación do Plan Camiña e adxudicara furgoneta eléctrica
04/09/2026A biblioteca móbil da Xunta de Galicia percorre o concello en dúas xornadas, o 7 e o 23 de setembro, con paradas en centros educativos, casas niño e núcleos do rural.
O servizo Bibliotecas Móbiles de Galicia, A Furgoteca, achega a Vilardevós unha selección de contos, cómic, teatro, ensaio, música, cinema e xogos para veciños e veciñas de todas as idades. A furgoneta detense en cada punto durante o horario indicado, polo que abonda con achegarse á parada máis próxima.
O calendario de setembro organízase en dúas rutas. A primeira, o luns 7 pola mañá, visita o CEIP Rodolfo Núñez, as casas niño Lala e Garabatos, a vila de Vilardevós e Traseirexa. A segunda, o mércores 23 pola tarde, percorre sete núcleos: Moialde, Berrande, Lamasdeite, Arzádegos, Florderrei Vello, Osoño e Feilas.
Paradas e horarios
Luns, 7 de setembro
Ruta 1, pola mañá
- 10:00–10:30 hCasa Niño Lala
- 10:35–11:35 hCEIP Rodolfo Núñez
- 11:45–12:15 hCasa Niño Garabatos
- 12:20–13:50 hVilardevós (Concello)
- 14:00–15:00 hTraseirexa
Mércores, 23 de setembro
Ruta 2, pola tarde
- 15:00–15:20 hMoialde
- 15:30–16:00 hBerrande
- 16:15–17:00 hLamasdeite
- 17:20–17:40 hArzádegos
- 17:45–18:15 hFlorderrei Vello
- 18:35–19:15 hOsoño
- 19:30–20:00 hFeilas
Máis información
A Furgoteca Ourense Sur: 644 16 92 14 · afurgotecasur.ourense@xunta.gal



