
Bando: último prazo para solicitar as actuacións gratuítas da TDT
17/11/2026
Bando: obriga de xestión da biomasa vexetal nas parcelas
19/11/2026
Actividade organizada en colaboración coa Asociación Asanta Teranga, a Asociación de Mulleres Rurais Entre Nós e o Concello de Vilardevós.
Data
Xoves, 26 de novembro2026
Horario
De 11:00 a 13:30 h
Lugar
Casa da Cultura de VilardevósP.º Manuel Núñez, 51
Que faremos
Dinámica participativa
A actividade central será unha dinámica participativa na que, a través de fotografías e lembranzas familiares, recuperaremos as historias de mulleres que emprenderon, traballaron e contribuíron ao sostemento das súas familias e comunidades. Unha oportunidade para coñecer as dificultades ás que se enfrontaron, recoñecer o seu legado e conectar as súas experiencias cos retos actuais do emprendemento feminino.
«Habitar o corpo, soltar o peso»
Tamén haberá un espazo dedicado ao benestar e ao autocuidado coa sesión de movemento e meditación «Habitar o corpo, soltar o peso», unha proposta para facer unha pausa, conectar con nós mesmas e compartir un momento de coidado colectivo.
Queremos crear un espazo para compartir experiencias, fortalecer redes de apoio mutuo e poñer en valor o talento, a capacidade emprendedora e a contribución das mulleres ao desenvolvemento do medio rural.
Inscricións e máis información
Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín
Organiza: Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín
Colabora: Asociación Asanta Teranga, Asociación de Mulleres Rurais Entre Nós e Concello de Vilardevós




