
Financiamento das actividades de verán «Vilardevós concilia no verán 2026»
07/10/2026A zona de reestruturación parcelaria de Soutochao entra na fase de enquisa das bases. Convócase unha charla informativa para as persoas propietarias e ábrense os prazos de entrega de boletíns de aportacións e de atención presencial para alegacións.
20out.
Charla informativa
Martes, 20 de outubro de 2026, ás 12:00 h · Local social de Soutochao (antiga escola)
Entrega de boletíns de aportacións
Local social de Soutochao
Antiga escola
- Luns 26 de outubro9:30–13:30 e 14:00–16:30 h
- Martes 27 de outubro9:30–13:30 e 14:00–16:30 h
- Mércores 28 de outubro9:30–13:30 e 14:00–16:30 h
Oficina de Ourense
Av. de Marín 2, entlo., oficina D
- Xoves 29 de outubro9:00–14:00 e 16:00–18:00 h
- Venres 30 de outubro8:30–14:30 h
Na entrega presencial dos boletíns, o propietario deberá identificarse mediante o DNI. Se comparece outra persoa no seu nome, deberá acreditar a súa representación.
Atención presencial para alegacións
Local social de Soutochao
Antiga escola
- Luns 16 de novembro9:30–13:30 e 14:00–16:30 h
- Martes 17 de novembro9:30–13:30 e 14:00–16:30 h
- Mércores 18 de novembro9:30–13:30 e 14:00–16:30 h
Oficina de Ourense
Av. de Marín 2, entlo., oficina D
- Xoves 19 de novembro9:00–14:00 e 16:00–18:00 h
- Venres 20 de novembro8:30–14:30 h
Prazos e consulta dos planos
- O prazo para formular alegacións é dun mes dende o 26 de outubro de 2026.
- Os planos poderán consultarse no local social de Soutochao, na web da Consellería do Medio Rural, na oficina do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Ourense e na oficina de Esproagro Enxeñería (Av. de Marín 2, entlo., of. D, Ourense).
Asistencia técnica
Esproagro Enxeñería · Av. de Marín 2, entlo., of. D, 32001 Ourense
988 37 27 08 · 981 17 41 85 · esproagro.com




