CONCELLO DE VILARDEVÓS
Fala co Concello
A túa voz conta! Participa no Concello
Desde a Alcaldía sabemos o importante que é escoitar a cidadanía e traballar xuntos para seguir construíndo Vilardevós, mellorando a calidade de vida no Concello. É por isto que creamos este formulario en liña, unha ferramenta directa que che permite compartir as túas ideas, inquietudes e suxestións co noso equipo.
Por que a túa participación é crucial? Porque nos axuda a:
- Mellorar o Concello
- Tomar decisións
- Actuar con transparencia e responsabilidade
Para participar, cubre o formulario que se mostra continuación. Desde o equipo de Alcaldía trasladaremos a túa petición e darémosche unha resposta o máis axiña posible.
Se queres enviar unha mensaxe sobre algunha incidencia ou solicitude de información, utiliza a canle adecuada: Solicitude de información e incidencias
Grazas por participar!
