O Concello de Vilardevós informa á cidadanía de que xa se atopan dispoñibles na web municipal os servizos de cita previa para Catastro, Urbanismo e Servizos Sociais.
A través da páxina web do Concello, as persoas interesadas poden solicitar cita de maneira sinxela e cómoda para realizar consultas ou trámites nestes departamentos.
Esta medida ten como obxectivo mellorar a organización e a calidade da atención á cidadanía.