O Concello de Vilardevós, foi adxudicatario da subvención de AUGAS DE GALICIA con cargo concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco de Eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, e convócanse para o ano 2021 (código de procedemento administrativo AU300A).
As actuacións foron levadas a cabo de acordo coas unidades do proxecto, sen utilizar unidades novas e en condicións consideradas técnicamente correctas.
As obras proxectadas tiñan como obxectivo principal a execución dun depósito regulador de 46,575 M3 para dar servizo o núcleo de Traseirexa. Tamén se contmplaba a mellora da captación existente.
As obras executaronse segundo o contemplado no proxecto aprobado salvo a demolición dous aneis que conforman o antigo depósito que por petición veciñal quedaron sen derrubar.